O Goberno non se fía das renuncias de soberanistas á independencia unilateral
A presidenta do Parlamento de Cataluña, Carme Forcadell, saíu este venres do cárcere tras pagar os 150.000 euros de fianza.
O ministro de Asuntos Exteriores e de Cooperación, Alfonso Dastis, apuntou este venres que aínda "falta ver" que a presidenta do Parlamento de Cataluña, Carme Forcadell, "cumpra" coa súa palabra e renuncia á vía unilateral de independencia.
"Se non o cumpre no futuro supoño que o xuíz poderá volver sobre os seus pasos", sinalou nunha entrevista en Cope. Forcadell e algúns ex membros da Mesa do Parlament renunciaron á unilateralidade coa que se declarou a independencia de Cataluña no último momento da súa declaración ante o xuíz do Tribunal Supremo que os investiga polos delitos de rebelión, sedición e malversación de fondos públicos.
FORCADELL SAE DE ALCALÁ-MECO
A presidenta do Parlament, Carme Forcadell, abandonou este venres o centro penal de Alcalá Meco, situada no municipio madrileño de Alcalá de Henares, no seu coche oficial e sen facer declaracións aos xornalistas que se atopaban nos arredores do recinto.
O xuíz do Tribunal Supremo Pablo Llarena autorizou a súa saída despois de que aboase a fianza de 150.000 euros que se lle impuxo onte na causa na que está imputada por rebelión, sedición e malversación de caudais públicos.
Forcadell sae coas medidas cautelares que o maxistrado impuxo contra ela: comparecencias semanais ante o xulgado, retirada de pasaporte e prohibición de saída do territorio nacional.
Escribe o teu comentario