'La villa', de Robert Guédiguian, abre a nova edición de Cineuropa

O festival Cineuropa cumpre 31 anos.


|

Cineuropacartel



O festival Cineuropa, que se celebra en Santiago de Compostela, abrie este martes a súa 31ª edición coa proxección de 'La villa', de Robert Guédiguian.


'La villa' transcorre nunha casa dunha pequena baía preto de Marsella onde se reúnen tres irmáns para acompañar a seu pai nos seus últimos días. En palabras do director de Cineuropa, José Luis Losa, "ninguén como Guédiguian para orquestrar a oda crepuscular polo paraíso perdido da conciencia de clase".


Este mesmo xoves tamén se exhibe a gañadora da última Palma de Ouro en Cannes, a provocadora 'The square', do director sueco Robert Ostlund.


O ciclo de 'Novecento: o século das revolucións', unha das últimas obras de Hong Sang-soo ('The day after') e films de culto como 'Nubes de maio', de Nuri Bilge Ceylan, protagonizan, así mesmo, esta xornada do 7 de novembro.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE