Francia e Portugal levan case a metade das exportacións galegas


|


As exportacións que realiza Galicia fóra de España teñen como destino os países veciños de Francia e Portugal. Segundo datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) de 2015, Portugal recibe preto do 40% das exportacións mentres que o 10% restante terminan en Francia.


Concretamente, a Comunidade galega envía o 39,62% aos veciños lusos, mentres que o país francófono recibe o 9,82% das exportacións. Doutra banda, os membros da Unión Económica e Monetaria (UEM) reciben o 3,53% e o 3,07% a países da Unión Europea. Os países da OCDE e os países membros do G-8 pechan o ránking co 1,74% e o 1,69% respectivamente. Xa en menor medida, os países máis desenvolvidos de América (Estados Unidos, Canadá. México e Brasil) reciben o 0,33% das exportacións, mentres que outro 0,15% chega aos países máis desenvolvidos de Asia (Xapón, China, India, Corea do Sur e Indonesia).

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE