Un "lobo solitario" leva de novo o terror xihadista a Manhattan

Hai polo menos oito mortos nun atropelo múltiple no centro de Nova York. ISIS non reivindicou o ataque.


|

Manhattanatentado


Polo menos oito persoas morreron e outras doce resultaron feridas como consecuencia dun atentado terrorista perpetrado por un home que atropelou cunha camioneta a varias persoas na zona do baixo Manhattan, no centro de Nova York, segundo informaron as autoridades norteamericanas.


Nunha rolda de prensa en Nova York, o alcalde da cidade, Bill de Blasio, confirmou que se trata dun ataque terrorista e que non se teme pola vida de ningún dos feridos.


Pola súa banda, o gobernador de Nova York, Andrew Cuomo, dixo que o autor do ataque foi detido despois de que un axente se enfrontase a el e o tirotease e subliñou que se trata dun "lobo solitario".


Na comparecencia ante a prensa, un responsable da Policía de Nova York explicou que o ataque foi perpetrado por un home que irrompeu ao volante dunha camioneta nun carril bici, atropelando a todas as persoas que atopou ao seu paso. A camioneta chocou contra un autobús escolar, provocando feridas a dous nenos, e, entón foi cando o condutor baixou do vehículo exhibindo varias armas.


Un policía enfrontouse ao individuo e abriu fogo na súa contra, deixándoo ferido e deténdoo. As autoridades norteamericanas dixeron que, de momento, non difundirán a identidade do arrestado.


A continuación, Cuomo asegurou que "non hai pistas de ningunha ameaza adicional".


ESTADO ISLÁMICO


Despois do atentado, o portal de seguimento de información antiterrorista SITE explicou que un simpatizante de Estado Islámico difundiu en agosto un foto dun lugar próximo ao do ataque mostrando un móbil co logo do grupo terrorista que lidera Abú Bakr al Baghdadi.


De momento, ningún grupo terrorista reivindicou a responsabilidade deste atentado, aínda que o presidente dos Estados Unidos fixo referencia a Estado Islámico e asegurou que non hai que permitir que o grupo terrorista "volva" a territorio norteamericano.


relacionada Detido en Bélxica un español por captar e adoutrinar a xihadistas
relacionada Detido un marroquí en Castelló pola compra de explosivos para os atentados de Barcelona
relacionada Desarticulada en Melilla e Marrocos unha célula xihadista que preparaba un atentado "inminente"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE