Detido un marroquí en Castelló pola compra de explosivos para os atentados de Barcelona
Mantiña unha relación estreita co imán de Ripoll. A investigación persegue os vínculos nacionais e internacionais da célula xihadista.
Axentes do Servizo Información da Garda Civil detiveron este venres en Vinaròs (Castelló) a unha persoa, de 24 anos, de orixe marroquí e residente en España, pola súa relación coa compra e traslado de explosivos da célula terrorista responsable dos atentados de Barcelona e Cambrils (Tarragona) o pasado 17 e 18 de agosto.
O detido mantiña unha estreita relación con varios dos terroristas participantes nos atentados de Barcelona e Cambrils, especialmente, con Abdelbaki Es Satty, o imán de Ripoll.
O detido facilitou a súa documentación persoal coa que se realizaron compras de peróxido de hidróxeno, unha substancia fundamental para a confección do explosivo TATP, tamén coñecido como 'nai de Satán'.
As múltiples liñas de investigación abertas pola Garda Civil tras os atentados centráronse na reconstrución das vinculacións da célula terrorista con outros elementos, tanto a nivel nacional como internacional.
Escribe o teu comentario