Detido en Bélxica un español por captar e adoutrinar a xihadistas
A Audiencia Nacional emitira unha orde de detención contra el. Usaba as redes sociais e cafeterías de Bruxelas.
Axentes das Forzas de Seguridade belgas, no marco dunha operación desenvolvida pola Comisaría Xeral de Información da Policía Nacional española, detiveron en Zaventem (Bélxica) a un home, de 26 anos, de nacionalidade española e ascendencia marroquí, pola súa presunta integración na organización terrorista Daesh.
Segundo informa Interior nun comunicado, o detido era responsable dos labores de captación e adoutrinamento e existía unha Orde Europea de Detención e Entrega (OEDE) emitida pola Audiencia Nacional, no marco da cooperación e a loita conxunta dos Estados membros contra o terrorismo xihadista.
Levaba a cabo estas tarefas para o grupo terrorista na súa vivenda ou en cafés en Bruxelas. E Ademais de compartir de maneira reiterada material audiovisual de corte radical entre os seus membros, perfeccionando desa maneira o adoutrinamento, era o responsable de difundir a ideoloxía da organización a través de diferentes redes sociais en diversos países.
Mantiña contacto directo con combatentes xihadistas en Siria e Iraq e de feito, o detido tentou viaxar en compañía do seu irmán a estes países ata en dúas ocasións.
O detido era o último reduto dun grupo que, con base en Bélxica, inicio en 2014 un importante proceso de radicalización no que estaban implicadas de maneira activa outras cinco persoas, tres delas xa, detidas polas autoridades españolas e unha por Marrocos, e entre as que se atopa o irmán menor do agora detido apresado en outubro de 2015 pola súa pertenza e integración a Daesh. Ademais, outros dous dos integrantes desta célula foron detidos o pasado 8 de maio en Badalona (Barcelona) e Salou (Tarragona).
Escribe o teu comentario