Villoslada defende que non reclamou "cotas" para a integración do novo PSdeG

"Sempre entendín, e entendo, que a executiva debe ser da máxima confianza do secretario xeral", sostén.


|

Villosladacaballero 1


Juan Díaz Villoslada, o candidato que perdeu nas primarias do PSdeG fronte a Gonzalo Caballero, negou este martes que tentase "interferir" na composición da nova executiva socialista ou que reclamase "cotas" de integración.


Nun texto publicado nas súas redes sociais saíu así ao paso das declaracións, entre outros, do novo secretario de Organización do PSdeG, José Antonio Quiroga, quen atribuíu a falta de integración das persoas que apoiaron a Villoslada a que tentaron copar o 42 por cento dos postos, en consonancia co seu resultado nas primarias.


Fronte a iso, o deputado coruñés sostivo que "en ningún momento" nin el nin o seu equipo pretenderon formar parte da dirección. "Sempre entendín, e entendo, que (a executiva) debe ser da máxima confianza do secretario xeral", asegurou.


"O único polo que loitei lexitimamente foi por que se contase, non con cotas, senón cunha parte moi importante da militancia", proseguiu, en referencia a ese 42 por cento que votou ao seu favor no proceso interno celebrado o pasado día 8 e á posibilidade que formase parte ben do Comité Nacional ou ben do Comité Federal.


"TRABALLAR XUNTOS"


E, tras apostilar que el non buscou situar "porcentaxes concretas" dos cargos dispoñibles (45 no órgano galego e sete no estatal), Juan Díaz Villoslada apelou a "todos" a "traballar xuntos baixo a nova dirección.


"Correspóndenos a todos, coa mesma ilusión, sen confrontación, traballar xuntos baixo a nova dirección para que o PSdeG sexa novamente unha alternativa política para un mellor e máis xusto goberno en Galicia", concluíu.


relacionada O PSdeG considera tránsfugas ás dúas concelleiras que seguen no goberno de Ferrol
relacionada Gonzalo Caballero renova a executiva do PSdeG sen incluír ningún afín a Villoslada
relacionada Gonzalo Caballero asume con "vertixe" a "responsabilidade enorme" á fronte do PSdeG

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE