Puigdemont: "Asumimos as eleccións de decembro como un reto democrático"

O presidente catalán destituído cuestiona ao Estado se vai respectar os resultados electorais e aclara que non pedirá asilo político.


|

PuigdemontbruselasPuigdemont non revela cando volverá a España. Foto: @elinebreda

"Non estou aquí para pedir asilo político, estou aquí porque é o corazón de Europa", manifestou este martes Puigdemont nunha comparecencia en Bruxelas, onde defendeu que o Executivo cesado se decidiu pola "prudencia, a seguridade e a moderación" ante a aplicación do artigo 155.


Puigdemont explicou aos medios que "estamos aquí para buscar garantías que non se dan polo momento", denunciando que no Estado non hai "un desexo de xustiza, é un desexo de vinganza".


Así, explicou que non ten intención de "eludir a xustiza" pero non aclarou cando volverá a España e pediu "garantías" para facelo. Acompañado por parte do seu Govern, sinalou que "se houbese garantías inmediatas dun tratamento xusto, se me permitise un xuízo xusto, independente, con separación de poderes, o que vemos na maioría de países europeos, sen dúbida retornaría de maneira inmediata".


O presidente catalán cesado anunciou que desde Junts pel Si "asumimos as eleccións convocadas polo Estado Español como un reto democrático, porque estamos totalmente de acordo que é votando como se resolven os problemas".


Nesta liña, manifestou que "nós imos respectar os resultados das eleccións do 21-D, como sempre fixemos", para cuestionar "ao Goberno español se vai facer o mesmo". "Quero unha resposta clara", proclamou Puigdemont.


"Este Goberno puido optar por forzar os funcionarios fieis a iniciar unha disputa pola hexemonía, pero preferiu garantir que non haberá violencia", subliñou o ex presidente.


Con todo, tamén destacou que van apoiar "as iniciativas que están en marcha para evitar que a aplicación do artigo 155 se leve á práctica e desmonte o sistema institucional catalán". E deixou esta tarefa en mans dos cidadáns: "pedímoslles que fagan todo o posible para evitar a demolición, a xente que salvou os colexios o 1-O salvará as nosas institucións".


relacionada Os membros do Govern e a Mesa do Parlament, citados por rebelión tras as querelas
relacionada Exteriores está en contacto con Bélxica pola posible petición de asilo de Puigdemont

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE