Os membros do Govern e a Mesa do Parlament, citados por rebelión tras as querelas

Deberán acudir a declarar este xoves e o venres, á Audiencia Nacional e o Tribunal Supremo. O TC anulou a declaración de independencia.


|

Tribunalsupremo



A xuíza da Audiencia Nacional Carmen Lamela admitiu este martes a querela da Fiscalía Xeral do Estado por rebelión, sedición e malversación de caudais públicos contra Puigdemont e os 13 conselleiros do seu Goberno, aos que cita a declarar para os próximos 2 e 3 de novembro, segundo informaron fontes xurídicas.


O Ministerio Público presentou onte dúas querelas: unha na Audiencia Nacional contra o Govern cesado o venres pasado, pois xa non son aforados, e outra no Tribunal Supremo contra os seis membros da Mesa do Parlament, que continúan aforados por formar parte aínda da Deputación Permanente da Cámara.


O fiscal considera na súa querela que a Audiencia Nacional é competente para investigar os 14 membros do Govern porque as condutas que se denuncian no escrito son "constitutivas dun delito de rebelión, ou canto menos de sedición", por ir "contra a forma de Goberno".


MESA DO PARLAMENT


Tamén o maxistrado do Tribunal Supremo citou a presidenta do Parlament catalán Carme Forcadell e os outros cinco ex membros da Mesa da Cámara para tomarlles declaración os próximos días 2 e 3 de novembro a partir das 9.30 da mañá no marco da querela por rebelión presentada contra todos eles onte pola Fiscalía.


Teñen obrigación de comparecer xa que ao tratarse de deputados autonómicos a investigación penal no Supremo non require suplicatorio.


Nunha providencia ditada apenas unha hora despois de ser admitida a trámite a querela e de asumir este asunto, o instrutor lémbralles que veñen en calidade de investigados e que teñen que comparecer con avogado. A providencia non especifica que día deben comparecer cada un dos investigados, que terán que estar alí todos o próximo día 2 á hora sinalada.


O TC SUSPENDE A DUI


Por outra banda, o Pleno do Tribunal Constitucional (TC) suspendeu de forma cautelar os acordos polos que o Parlamento de Cataluña declarou o pasado venres a independencia de forma unilateral. "Os efectos desta suspensión teñen carácter absoluto desde o momento da adopción das resolucións impugnadas", sinala a providencia dada a coñecer este martes.


relacionada O fiscal reclama que a Xustiza cite "con carácter urxente" aos membros cesados do Govern

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE