A aplicación do artigo 155 afasta ao PNV de repetir o seu apoio ás contas de Rajoy

Critican que o PP fale dun "aviso para navegantes" noutras rexións e fan responsable ao PSOE.


|

AitorestebancongresoAitor Esteban, portavoz do PNV no Congreso.


O PNV considera que o panorama para a apertura dunha posible negociación orzamentaria que permita aprobar as contas do Estado para o ano 2018 empeorou " moitísimo" coa aplicación do artigo 155 en Cataluña.


Así mesmo, mostráronse moi críticos coas declaracións do vicesecretario de comunicación do PP, Pablo Casado, quen esta fin de semana afirmou que o artigo 155 é "un aviso para navegantes en Cataluña e en outras rexións".


A formación jeltzale entende ademais que, para unha posible negociación que permita ao Executivo do PP sacar adiante os Orzamentos Xerais do Estado, "a atención" non debería estar fixada no PNV, senón no PSOE.


Por parte do Goberno, o ministro De la Serna reclamou en Bilbao deixar de lado "discrepancias, presións e tensións" para abordar as contas do próximo ano.


Amplía esta información en Pressdigital.


relacionada O PNV avisa de que "non está a negociar en absoluto" os Orzamentos co Goberno
relacionada O Goberno consegue o voto a favor do PNV aos seus Orzamentos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE