Cada ano uns 7.000 galegos sofren novos casos de ictus e a atención rápida é fundamental

Unha mesa informativa lembrou este luns na Coruña os síntomas principais para detectar estes casos.


|

Ictusderramecerebralcerebro


Galicia rexistra uns 7.000 novos casos de ictus cada ano, segundo informa a Xerencia de Xestión Integrada da Coruña con motivo da celebración este luns de unha mesa informativa onde profesionais sanitarios deron información sobre esta doenza ás persoas interesadas.


O ictus está incluído no Plan de Prioridades da Consellería de Sanidade por ser, segundo explica a Xerencia, "unha das causas de mortalidade na comunidade autónoma, unha das patoloxías que causa máis anos de esperanza de vida perdidos e unha das doenzas que ocasiona máis perdas de anos de vida axustados pola discapacidade".


Coincidindo co día mundial desta doenza, a Xerencia de Xestión Integrada da Coruña lembra cando unha persoa sofre algún dos síntomas do ictus debe chamar, el ou outra persoa, ao 061.


Tamén precisa que os principais síntomas son "non ser capaz de dicir correctamente palabras simples, non poder elevar os brazos á mesma altura e non mostrar todos os dentes ao sorrir".


relacionada Cada ano 6.000 galegos chegan aos hospitais por un ictus
relacionada O 'Codigo Ictus' activouse nun total de 1.052 ocasións desde a súa creación o verán pasado

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE