O 'Codigo Ictus' activouse nun total de 1.052 ocasións desde a súa creación o verán pasado

|

Ictusderramecerebralcerebro


O 'Codigo Ictus' activouse nun total de 1.052 ocasións desde a súa creación o pasado verán. Nelas, realizáronse 324 tratamentos de fibrinólise intravenosa --técnica de recanalización vascular-- e 82 trombectomías --intervención para recanalizar a obstrución que produce o ictus--.


Segundo informa o Executivo autonómico nun comunicado, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, deu conta dos datos dos primeiros meses de implantación do plan, que busca reducir a mortalidade nos casos de ictus mellorando a coordinación e acurtando os tempos de reacción e mobilización dos servizos de emerxencia.


Ademais, o Consello aprobou a creación do Rexistro Galego de Ictus, que permitirá a realización de "análises epidemolóxicas e de autoavaliación" para mellorar a atención desta patoloxía.


Así mesmo, unha Comisión de Expertos avaliará o funcionamento do plan e velará polo seguimento do rexistro, no que deberá figurar o centro que realiza a chamada, a hora de inicio dos síntomas, o hospital de primeira atención, a hora de chegada a este e o tipo de ictus, entre outros parámetros.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress