O cambio horario desta fin de semana permite aforrar ata un 3% de enerxía

Co paso ao horario de inverno, a intención é que se poidan aproveitar mellor as horas de luz en fogares e empresas.


|

Relojhora 1


O cambio horario desta fin de semana supoñerá un aforro potencial de enerxía do 1% no sector doméstico e do 3% para o sector servizos, así como unha diminución do consumo eléctrico total no conxunto galego do 0,4%, segundo os datos publicados este venres pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.


Este sábado atrasaranse unha hora os reloxos (as 03,00 serán as 02,00 horas) con motivo da chegada do horario de inverno. A Xunta, a través dun comunicado, aproveitou a ocasión para animar os galegos a "adoptar medidas de eficiencia enerxética".


O cambio horario é obrigatorio para os países da Unión Europea desde o ano 1981. Este axuste, que se revisa cada catro anos, popularizouse na década dos 70 por mor da primeira crise do petróleo, que obrigou aos países para atrasar os seus reloxos no outono e inverno para aproveitar mellor a luz solar e consumir menos electricidade.


O Goberno galego, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), destaca que a chegada do horario de inverno "permite un maior aproveitamento das horas de luz", sobre todo no ambiente doméstico.


HÁBITOS DE CONSUMO


Deste xeito, o Inega recomenda á cidadanía galega que leve a cabo un "consumo responsable" de enerxía durante todo o ano e evite usar a luz artificial "cando non é necesaria"


E é que o consumo enerxético das familias galegas foi aumentando na última década ata supoñer unha media de 2.600 euros anuais. Esta cifra supón que o 30 por cento do total de enerxía que gasta Galicia realízase nos fogares.


relacionada O 'horario de verán' axuda a pasar menos calor no traballo
relacionada O cambio de hora aforra en Galicia un 0,4% do consumo eléctrico

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE