"Polo ben de todos", médicos de atención primaria piden vacinas obrigatorias

En España aínda non hai un problema con enfermidades infecciosas que si están a afectar a outros países europeos.


|

Vacunacioninfantil


A Sociedade Española de Médicos de Atención Primaria (SEMERGEN) pediu abrir o debate en España sobre a posibilidade de que a administración dalgunhas vacinas sexa obrigatoria, e non algo voluntario como sucede agora, para evitar baixas coberturas en determinadas enfermidades infecciosas.


Así o destacou o coordinador do Grupo de Traballo de Bioética e Humanidades desta sociedade científica, José Francisco Díaz Ruiz, durante o congreso nacional que se celebra estes días en Granada.


"É preferible sempre o convencemento á obrigatoriedade", segundo este experto, que con todo avisa de que haberá que ir pensando que "isto non sempre poida ser así" se se teñen en conta os argumentos que se difunden nalgúns ámbitos contrarios á vacinación.


Porque se as coberturas vacinais baixan, engadiu, aumenta o risco de aparición de enfermidades infecciosas que se crían case erradicadas ou polo menos controladas.


"Hai que pensar na posibilidade de esixir a obrigatoriedade de determinadas vacinas e en casos concretos, polo ben de todos", insistiu Díaz Ruiz, que lembrou que algúns países xa o fixeron no caso da vacinación infantil ante o progresivo incremento dalgunhas infeccións.


En España, con todo, as coberturas vacinais dos nenos son moi altas e este problema aínda non se produciu, pero "hai que evitar que se presente nun futuro, tal e como fixeron xa nalgúns países europeos".


Actualmente estímase que só o 2-3 por cento dos pais non quere vacinar os seus fillos, algo que pode reverterse con diálogo, convencemento e información por parte do médico.


"O problema é que estas negociacións cos pais supoñen un gran esforzo e precisan de moito tempo, un ben escaso na gran maioría das consultas españolas", segundo Díaz Ruiz.


relacionada Máis de medio millón de galegos, chamados a vacinarse contra a gripe
relacionada Catro de cada dez nenos non recibe a vacina do sarampelo completa
relacionada Ao cumprir 65 anos, os galegos recibirán a vacina contra a pneumonía
relacionada Preocupa o aumento dos brotes de sarampelo en nenos e mozos non vacinados

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE