Comeza a batalla xudicial polas estatuas en mans dos Franco

O Goberno de Santiago interpón unha demanda contra Carmen Franco, avalada por numerosa documentación.


|

NoriegaxanduroXan Duro e Martiño Noriega, na rolda de prensa. Foto: Concello de Santiago


A xunta de goberno de Santiago acordou hoxe interpoñer unha demanda de xuízo común contra Carmen Franco y Polo o para reclamar as dúas esculturas do Mestre Mateo que están en mans da familia Franco a pesar da ser propiedade do Concello de Santiago. O alcalde, Martiño Noriega, deu conta desta decisión, "que se adopta despois de que a herdeira do ditador non respondese ao requirimento que se lle enviou para solicitar a devolución das pezas".


Tal e como informa o concello, na argumentación xurídica, "contrapón que as pezas foron compradas polo Concello de Santiago nunha acción perfectamente legal e documentada, mentres que non existe ningún documento que xustifique que as dúas esculturas acabasen no poder da familia Franco".


A demanda que se vai presentar tamén sinala que as dúas esculturas pasaron a ser bens de dominio público "e por tanto non se pode alegar a prescrición para que a herdeira da familia Franco non as devolva". Ademais, incídese en que as pezas do Mestre Mateo forman parte do patrimonio histórico-artístico nacional "que nin a Lei do 13 de maio de 1933 de Patrimonio Artístico Nacional, nin a posterior Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español permite vender nin ceder a ningún particular, senón tan só a outra administración pública".


A demanda xudicial vai acompañada de numerosa documentación, tanto relativa á compra das esculturas por parte do Concello de Santiago, como á autenticación das pezas, realizada polo catedrático de Historia da arte da Universidade da Coruña Ramón Yzquierdo Perrín.


UN PRAZO DUN ANO


Na demanda, pídeselle ao xulgado que declare que as dúas esculturas pertencen ao Concello de Santiago e que se condene a Carmen Franco y Polo a que as devolva á Corporación para sexan obxecto de exposición permanente no Museo da Catedral de Santiago.


Unha vez presentada a demanda, a herdeira de Franco terá un prazo de 20 días para presentar as súas alegacións, antes de que se fixe a Audiencia Previa. A asesoría xurídica municipal estima que o caso se resolva, en primeira instancia, nun prazo máximo dun ano.


relacionada O concello ten preparada a vía xudicial para recuperar as estatuas
relacionada Noriega: "Cos que rouban patrimonio non se pode negociar"
relacionada Ultimato para que os Franco devolvan as estatuas do Mestre Mateo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE