O Dépor suspende o primeiro exame da nova etapa

A estrea de Cristóbal Parralo no banco sáldase cunha goleada en contra (1-4) que separaaos branquiazuis da Copa do Rei.


|

DeporpalmasO 1-4 abre demasiada brecha. Foto: RC Deportivo


A UD Las Palmas deixou practicamente sentenciada a eliminatoria de dezaseisavos de final da Copa do Rei, co 1-4 nun encontro de ida no que o Dépor se viu no minuto 24 cun 0-2 en contra e cun xogador menos por expulsión de Juanfran. Aínda así reaccionou nunha segunda parte na que tivo opcións de ir enteiro ao partido de volta.


Las Palmas adiantouse no seu primeiro achegamento á área coruñesa. Vitolo desbordou a Juanfran, enganou a contrapé a Schär primeiro e a Sidnei despois, para estrelar o seu disparo no traveseiro. O rexeite caeu a pés de Jonathan Viera, que cedeu para que Momo, completamente só, superase por baixo a Tyton. Corría o minuto 8 de encontro.


E no seu segundo achegamento, o cadro amarelo puxo aínda máis terra polo medio. Jonathan Viera chegou desde atrás con gran velocidade para aproveitar un servizo en profundidade de Vicente Gómez e serviu cara ao centro da área para que Momo, en posición dubidosa, batese a pracer a portería deportivista.


Recentemente superado o ecuador da primeira metade, Mateu Lahoz deixou o Dépor con dez xogadores, ao expulsar a Juanfran. O colexiado valenciano mostrou dúas cartolinas amarelas consecutivas, unha por unha falta e outra por protestar, ao lateral branquiazul.


A partir dese momento intensificouse o dominio da UD  Las Palmas. O Dépor tratou de se repregar e saír á contra, con Fede Valverde ocupando o lateral dereito.


Ao fío da hora de xogo, o Deportivo recortou distancias. Bakkali sacou da manga un centro que, incluso rematándoo con dificultade Lucas, entre a cabeza e o ombreiro, converteuse no 1-2.


A un cuarto de hora para o final, Fede Valverde tivo o empate nos seus pés en dúas ocasións, pero Las Palmas respondeu no minuto 80 e puxo máis terra polo medio. A sentenza chegou cando se cumpría o minuto 90.


Dentro dun mes, o Estadio de Gran Canaria acollerá o encontro de volta con clara vantaxe do conxunto insular.


FICHA:


RC Deportivo: Tyton, Juanfran, Schär, Sidnei, Fernando Navarro, Guilherme (Pedro Mosquera, min. 72), Edu Expósito, Fede Valverde, Bruno Gama (Gerard Valentín, min. 57), Bakkali e Lucas (Andone, min. 72).


UD As Palmas: Raúl Lizoain, David Simón, Lemos, Bigas, Javi Castellano (Samper, min. 71), Vicente Gómez (Hernán Santana, min. 82), Dani Castellano, Vitolo, Jonathan Viera, Momo e Tana (Calleri, min. 75).


Goles: 0-1 Momo (min. 8); 0-2 Momo (min. 16); 1-2 Lucas (min. 59); 1-3 Calleri (min. 81); 1-4 Calleri (min. 90).


relacionada Primeira convocatoria con Cristóban Parralo no banco do primeiro equipo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE