Puigdemont rexeita convocar eleccións e os seus reclaman reactivar a independencia

"Tentei obter garantías, pero non obtiven resposta responsable por parte do Partido Popular, que aproveitou para engadir tensión", reprochou.


|

Puigdemontbanderas 1



Puigdemont compareceu esta tarde na Generalitat para anunciar que rexeita a vía da convocatoria electoral, un camiño que, segundo sostivo, barallou nas últimas horas.


"Saben que estiven disposto a convocar eleccións con ganrantías" de que non se aplicase o artigo 155 contra as institucións catalás, anunciou, pero reprochou que "non hai ningunha destas garantías que xustifique hoxe a convocatoria".


"Tentei obter estas garantías, pero non obtiven resposta responsable por parte do Partido Popular, que aproveitou para engadir tensión", reprochou.


"O meu deber era tentalo", defendeu, ademais de insistir en que "o meu deber e responsabilidade era esgotar todas as vías para unha solución dialogada e pactada nun conflito que é político".


Agora "procederei co que determine a maioría parlamentaria", anunciou Puigdemont.


JXSÍ RECLAMA A INDEPENDENCIA


Desde a súa formación, o presidente de JxSí, Lluís Corominas, anunciou que o seu grupo propoñerá este venres declarar formalmente a independencia no Parlament para "continuar co mandato do pobo de Cataluña" no referendo do 1 de outubro.


Díxoo no pleno monográfico para abordar a resposta do Parlament á aplicación do artigo 155 da Constitución para intervir a autonomía de Cataluña. "Mañá acabaremos fixando o rumbo do noso país ante o 155, unha agresión ao pobo de Cataluña do Goberno, que quere impoñer a súa Constitución e a unidade de España con sangue e medo", dixo Corominas, que non detallou se a reactivación da independencia se fará votando ou ben cunha declaración.


DISTINTAS VERSIÓNS NAS ÚLTIMAS HORAS


Puigdemont suspendera sobre as 14.20 a súa anunciada declaración no Palau, despois de que diversas fontes soberanistas informasen de que ía convocar eleccións anticipadas. A xustificación era buscar "garantías" de que o Estado non aplicará o artigo 155 da Constitución en Cataluña.


Con todo, os conselleiros de ERC sairían do Goberno catalán se se realizaba esta convocatoria.


E catro parlamentarios de Junts pel Si anunciaron que deixarán as súas actas no Parlament pola súa oposición a esta medida.


relacionada O Senado debate as medidas do artigo 155 atento ao que sucede no Parlament
relacionada Goberno e PSOE enfrontan no Congreso as súas diferenzas sobre o alcance do 155

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE