Dez propostas para reducir a precariedade e mellorar a calidade do emprego

CCOO Galicia fai unha radiografía do mercado laboral galego e presenta cambios normativos e políticos para mellorar.


|

Ccooprecariedad

Presentación das propostas.


O sindicato CCOO Galicia presentou este martes dez propostas para reducir a precariedade e mellorar a calidade do emprego. As medidas están incluídas no estudo 'Emprego precario, vida precaria', no que a organización sindical fai unha radiografía do mercado de traballo galego.


A secretaria de Emprego de CCOO, Maica Bouza, apuntou que este estudo non só analiza a precariedade, senón que "profunda en como inflúe na clase traballadora".


En opinión da sindicalista, os anos de aplicación de políticas de austeridade e reformas estruturais axudaron a facer "crónica" a "precariedade do emprego". A precariedade laboral, ademais, "conduce a unha vida precaria e menoscaba a dignidade das persoas", sentenciou Bouza, á vez que destacou que trouxo consigo "o fenómeno da pobreza laboral: traballar e ser pobre".


Segundo a súa análise, as causas da precariedade non se atopan no lado da oferta de forza de traballo, senón no da demanda, en concreto na "combinación" de factores como unha xestión empresarial baseada na competencia a baixos custos e prezos ou as reformas laborais. "Estes factores compleméntanse e refórzanse co uso fraudulento das posibilidades legais de contratación temporal e da flexibilidade interna", denunciou Bouza.


REDUCIR A PRECARIEDADE


Para reducir a precariedade laboral e mellorar a calidade do emprego, CCOO propón regular a contratación laboral segundo o principio de causalidade, "que a norma sexan os contratos estables e que os temporais unicamente se conten como excepcións á regra". O sindicato tamén defende reordenar o réxime xurídico do despedimento e recuperar a normativa previa á reforma laboral, así como reverter o actual sistema de flexibilidade interna negociada.


No relativo aos modelos de contrato, CCOO quere que se modifique o contrato a tempo parcial para asegurar unha retribución suficiente e unha seguridade na organización do tempo de traballo ás persoas empregadas. Así mesmo, pide revisar a regulación dos contratos formativos co fin de garantir o seu propósito.


Entre outras cuestións, o sindicato tamén defende incrementar o investimento público nos Servizos Públicos de Emprego para dotar a estas oficinas dos recursos necesarios, tanto de persoal como de ferramentas idóneas.


A negociación colectiva é outro dos elementos para combater a precariedade, segundo CCOO, que incide na necesidade de introducir nos convenios medidas para reducir a temporalidade.


relacionada "Temporalidade" e "precariedade", dúas constantes nos novos contratos
relacionada Galicia é a terceira comunidade que máis aumenta a contratación en Nadal
relacionada Un terzo dos contratos que se asinan en Galicia non chega a unha semana

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE