Jorge Dorribo, no xuízo: "Quedei sen nada, quitáronmo todo"

O xuízo oral só se suspendería se todas as partes pactasen coa Fiscalía.


|

CampeonjuicioOs acusados, no banco.


O empresario lucense Jorge Dorribo declarou este martes no inicio do xuízo pola denominada 'Operación Campeón' na que manifestou que se quedou "sen nada". "Quedei sen nada, quitáronmo todo", sinalou.


Este martes comezou o xuízo oral da 'Campeón' sobre supostas concesións irregulares de subvencións públicas a través da firma famaceútica Nupel. O principal investigado e propietario desta empresa, Jorge Dorribo, só respondeu á Fiscalía para explicar que quedou "sen nada".


Dorribo aceptou cinco anos e once meses de prisión -en principio pedíanse ata 19 anos- polos delitos contra a Facenda Pública, falsidade en documentación mercantil, branqueo de capitais e insolvencia punible.


Antes do xuízo oral, o único acusado que non pactou coa Fiscalía lucense, Javier Rodríguez, mostrouse "tranquilo" e "sen problema", á vez que se declarou "inocente".


Dorribo admitiu que coñecía tanto a Javier Rodríguez como a Carlos Monjero. "Eles movíanse ben, tiñan boa relación en temas de organismos", sostivo. Ademais, asegurou que foron os responsables de Proitec os que lle presentaron o ex deputado do PP Pablo Cobián na Coruña e que "era polo patrocinio do seu fillo" a través de Nupel nun equipo de rallies.


DEFENSA


O avogado de Rodríguez, empresario que se enfronta a unha pena de máis de catro anos por un delito de suborno e dous contra a facenda pública, José Luís Fiuza, antes da vista, mantivo que confía nunha "sentenza absolutoria".


"O noso interese é defender a inocencia de Javier, cremos que é inocente e por iso nos arriscamos a vir a xuízo", subliñou o letrado.


En principio pediuse a sala de vistas para cinco días, aínda que finalmente autorizouse ata este xoves, xornada en que se confía que remate o xuízo que chega seis anos e case seis meses despois de que se abrise co operativo que conduciu á detención de Dorribo e o seu ingreso en prisión e moitos dos que sentan no banco dos acusados.



relacionada Os procesados pola Operación Campeón aceptan condenas atenuadas antes do xuízo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE