Os procesados pola Operación Campeón aceptan condenas atenuadas antes do xuízo

Jorge Dorribo afronta máis de cinco anos de cárcere e máis de 6 millóns de multa. Só un dos 13 acusados rexeita declararse culpable e obriga a que se celebre o xuízo.


|

Dorribocampeoncoche


Jorge Dorribo, o empresario lugués e principal acusado da Operación Campeón, unha trama para conseguir subvencións do Igape de forma frauduluenta, chegou este martes a un acordo coa Fiscalía para aceptar a condena proposta.


Nunha vista preliminar celebrada na Audiencia provincial de Lugo, á que estaban citados os 13 procesados, o empresario aceptou unha pena de máis de cinco anos de prisión e unha multa de 6,1 millóns de euros.


Só un dos acusados se negou a chegar a un acordo, polo que terá que sentar no banco. Javier Rodríguez, de Proitec, mostrouse convencido de que a instrución da xuíza Estela San José será declarada nula.


Deste xeito, o xuízo oral terase que celebrar igualmente o próximo 24 de outubro --a falta da resolución previa da nulidade pedida por Javier Rodríguez---, pois só se suspendería se todas as partes pactasen coa Fiscalía.


CONDENAS ATENUADAS


O resto asumiron a súa culpa a cambio de condenas atenuadas, por dilacións indebidas e por contribuír a "reparar o dano causado", ao consignar diñeiro.


Xunto a Dorribo, o seu socio, Arsenio Méndez, afronta outra das penas máis altas, de case dous anos de prisión e unha multa de dous millóns.


E aínda que a ex directora de Financiamento do Igape Cristina Quintela foi absolta, outros dous altos catgos do instituto dependente da Xunta, aceptaron unha multa de máis de 2.000 euros e a suspensión de emprego e soldo durante un ano.


O deputado do PP implicado, pola súa banda, aceptou oito meses de cárcere e máis de 45.000 euros de multa por tráfico de influencias, ademais de quedar inhabilitado dous anos e tres meses para cargo público.


relacionada Chega a xuízo a Operación Campeón, o primeiro gran caso de corrupción do PP de Feijóo

1 Comentarios

1

Que pasa. Que o "deputado do PP" non ten nome?

escrito por Ferdinand 28/Set/17    14:10 h.

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE