O persoal do Sergas seguirá cobrando o mesmo durante os permisos de maternidade
Recibirán a mesma retribución que a media dos últimos doce meses, gardas incluídas.
O persoal do Sergas percibirá a totalidade das súas retribucións básicas e complementarias durante as situacións de maternidade, paternidade, risco no embarazo e na lactación natural, así como en todo o período de permisos por este motivo.
Así figura na lei de acompañamento aos orzamentos da Xunta para 2018, na que o Goberno galego sinala que se adapta esta medida para a "protección da maternidade e da paternidade".
De tal forma, en concepto de mellora da prestación, o persoal estatutario do Sergas percibirá o salario que corresponda ata alcanzar a totalidade das retribucións básicas e complementarias de carácter fixo.
Así mesmo, terá "a media das retribucións variables abonadas o ano anterior ao mes no que comezase a correspondente situación", en concepto de atención continuada derivada das prestacións de gardas, noites e festivos. Os disposto neste precepto será tamén de aplicación durante todo o período de permisos.
Escribe o teu comentario