Anonymous tomba a web do TC nunha campaña de apoio ao desafío independentista catalán

O grupo de hackers lanzou a 'Operation Free Catalonia'.


|


Anonymous



O grupo de hackers Anonymous atacou este sábado a páxina web do Tribunal Constitucional, que case ao fío do mediodía aínda non fora restablecida, dentro dunha campaña de ciberataques contra España baixo o título 'Operation Free Catalonia'.


Os hackers atacaron a páxina utilizando un método coñecido como ataque de denegación de servizo (DDoS), que satura o servidor en que está aloxada a páxina web de peticións de acceso, de modo que acaba por bloquearse.


O Departamento de Seguridade Nacional (DSN) confirmou a ameaza informática expresada en contas de Twitter asociadas ao grupo de hackers, que empregan os hashtags #OpCatalunya e #FreeCatalunya, e indicou que durante as últimas semanas, varias páxinas estatais recibiron diferentes ciberataques baixo estes mesmos lemas.


"O grupo hacktivista Anonymus, a través de contas de Twitter asociadas, está a anunciar unha campaña de ciberataques masivos para mañá día 21", publicou este venres na súa páxina web.


O pasado mes de setembro, un vídeo publicado presuntamente por activistas do grupo cualificaba de "fascista" o Goberno español e defendía a secesión de Cataluña como "dereito de autodeterminación" e considera que a negativa do Goberno para celebrar un referendo de secesión constitúe unha "violación dos dereitos civís".


relacionada Rajoy anuncia que tomará o control das institucións catalás e convocará eleccións

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE