A candidatura 'Cíes. Patrimonio da Humanidade' contará co aval de 30 expertos

Investigadores das tres universidades galegas e doutras institucións traballarán desde varios comités independentes.


|

Expertoscies


A candidatura 'Cíes. Patrimonio da Humanidade', promovida polo Concello de Vigo, presentou este xoves de forma oficial os 30 expertos que integran os diferentes comités encargados de realizar os informes que avalen a candidatura, "con rigor e independencia", e co obxectivo de que este arquipélago do Parque Nacional Illas Atlánticas logre ese recoñecemento da Unesco e, con el, o maior grao posible de protección e conservación.


Nun acto celebrado no auditorio Mar de Vigo, o alcalde, Abel Caballero, acompañado polo reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, presentou os equipos científicos, técnicos e económicos e os seus responsables.


Así, segundo explicou, haberá un comité científico dirixido polo catedrático de Ecoloxía Emilio Fernández, director do Campus do Mar. Fernández estará á fronte dun equipo de 15 investigadores das tres universidades galegas, do Instituto Español de Oceanografía e do CSIC.


O propio coordinador deste comité subliñou que, como equipo científico, rexeranse polo "rigor" e serán "independentes", e destacou que os seus membros reúnen a maior parte do coñecemento que existe sobre as Illas Cíes, con máis de 1.300 traballos publicados.


Este grupo de investigadores teñen por diante o "reto" de achegar o seu coñecemento para "orientar" e "asesorar" a candidatura no seu camiño cara á declaración de Patrimonio da Humanidade, poñendo sobre a mesa o valor das Illas Cíes desde o punto de vista científico e ambiental.


PROTECCIÓN ANTE OS "RISCOS"


O alcalde, Abel Caballero, incidiu en que a finalidade da candidatura promovida polo Concello é lograr a máxima protección para un enclave de gran valor que é "obxecto de riscos".


"As ameazas dun desenvolvemento pouco sustentable están a significar un risco para as Cíes", advertiu, e proclamou a importancia de que as illas volvan "ao estadio de hai 2.000 anos", aínda que iso signifique reducir o número de visitantes admitidos.


Así mesmo, o rexedor recalcou que esta iniciativa está guiada polo "valor ambiental e o agarimo a este territorio", por iso os comités científicos e técnicos traballarán "á marxe de calquera derivada política". "Aquí hai ciencia, estudo e capacidade de traballo", indicou, en alusión aos membros deses comités.


Na mesma liña, o reitor Salustiano Matogueira sinalou que a Universidade de Vigo poñerá a disposición do proxecto "todo o seu talento" para desenvolver un traballo científico "rigoroso" que permita sentar as bases de futuro para protexer e conservar as Cíes.


relacionada Necesítanse case 100 barcos para recoller o lixo que se acumulou nas Cíes este ano
relacionada Multa de 930.000 euros ás navieiras das Illas Cíes polos tres días de 'overbooking'
relacionada A pelexa entre a Xunta e Vigo, detonante para o caos das viaxes ás Cíes

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE