Baixa nunhas 3.000 as mulleres que participan na detección precoz do cancro de mama
En 2016 esta taxa de participación alcanzou o 83,1%, o valor máis alto desde a súa instauración, un aumento que Sanidade asocia "á divulgación e promoción do programa e a adherencia das mulleres ao mesmo".
Este xoves celébrase o Día Mundial contra o Cancro de Mama e Sanidade fai balance da adhesión das mulleres galegas ao seu programa de detección precoz.
Así, segundo informa nun comunicado a consellería, este 2017 baixou en 2,5 puntos a taxa de mulleres que participaron no dito programa.
En 2016 esta taxa de participación alcanzou o 83,1%, o valor máis alto desde a súa instauración, un aumento que Sanidade asocia "á divulgación e promoción do programa e a adherencia das mulleres ao mesmo".
Neste primeiro semestre de 2017, a taxa de participación no mesmo superou o 80,6%, que son 2,5 puntos menos que o cómputo do ano anterior.
Nesta primeira metade do ano, o número de mulleres residentes en Galicia, de 50 a 69 anos, convidadas a participar no programa foi de 102.427 e as exploradas nese mesmo período foi 82.576.
Na gran maioría das exploracións o resultado da mamografía foi a ausencia de lesións sospeitosas, tan só a un 2,53% das mulleres exploradas no primeiro semestre recomendóuselles unha valoración clínica adicional.
O comunicado da consellería sostén que "este programa, que está plenamente implantado na comunidade autónoma galega", conseguiu que a mortalidade por cancro de mama en mulleres galegas que participaron nos cribados descendese nos últimos 25 anos en máis dun 20% respecto do previsto sen cribado.
Escribe o teu comentario