Galicia reduciu en 25 anos un 20% da mortalidade por cancro de mama

O programa de detección precoz detectou case 7.500 casos antes de producir síntomas. Cada ano participan máis mulleres.


|

Diagnosticomama 1A participación en 2016 chegou ao 83% das mulleres.


O programa galego de detección precoz do cancro de mama logrou reducir un 20% a mortalidade nos últimos 25 anos. E é que o cancro de mama segue sendo o tumor feminino máis frecuente e a primeira causa de morte por cancro en mulleres da Unión Europea.


Por iso, para abordar este problema, a Consellería de Sanidade puxo en marcha en 1992 o programa galego de detección precoz do cancro de mama, tal e como indicou a Xunta nun comunicado.


Grazas ao programa, continuou o Goberno galego, a mortalidade por cancro de mama en mulleres galegas que participan nos cribados descendeu nun 20 por cento respecto do previsto sen cribado, tal e como demostra un estudo realizado cos datos desta enfermidade entre os anos 1980 e 2012.


No período que vai de 1992 a 2015, a taxa de detección de cancro foi de 3,6 por cento por cada 1.000 mulleres exploradas, é dicir, foron detectados 7.440 cancros en fase presintomática. Cabe destacar que o 92,2 por cento destes tumores tiñan un estadio tumoral baixo, e que un 62,4 non tiñan afectación ganglionar no momento do seu diagnóstico.


A lectura das mamografías realízase por dous radiólogos de modo independente nas unidades de avaliación radiolóxica. Esta dobre lectura, indicou a Xunta, aumenta a sensibilidade da proba e a detección dos tumores máis pequenos, os que miden menos dun centímetro.


A taxa media de participación no programa galego de detección precoz do cancro de mama nestes 25 anos foi dun 78,6 por cento, amplamente superior aos estándares europeos de calidade tanto no valor aceptable (70 por cento) como no desexable (75).


En 2016 a dita participación alcanzou un 83,1 por cento, o valor máis alto desde a súa instauración. Este aumento asóciase á divulgación e promoción do programa e á adherencia das mulleres ao mesmo.


Este programa está dirixido a todas as mulleres residentes en Galicia, de 50 a 69 anos, sen síntomas e sen diagnóstico previo de cancro de mama.


relacionada Feijóo reitera a importancia da detección precoz do cancro de mama
relacionada O cancro dispárase en España e supera en 2015 os casos estimados para 2020
relacionada O cancro colorrectal, o máis frecuente en España, duplica a súa supervivencia nos últimos 20 anos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE