Puigdemont responde a Rajoy ameazando con declarar a independencia diferida

Reprocha que a aplicación do artigo 155 "indica que non se é consciente do problema".


|

Puigdemontcarta


Carles Puigdemont respondeu este xoves o requirimento do Goberno central reiterando a súa oferta de diálogo sobre Cataluña e expoñendo a posibilidade de que se declare a independencia: "O Parlament poderá proceder a votar a declaración formal da independencia que non votou o 10 de outubro".


Esta é a resposta que deu ao segundo prazo para responder se declarou ou non a independencia a semana pasada, e este prazo expiraba este mesmo xoves ás 10 horas.


"Propuxen deixar en suspenso os efectos daquel mandato popular para propiciar o diálogo que de maneira reiterada nos fixeron chegar, a vostede e a min, institucións e dirixentes políticos e sociais de toda Europa e o resto do mundo. Neste sentido, na miña carta do luns, propúxenlle celebrar unha reunión que aínda non foi atendida.

(...)

A pesar de todos estes esforzos e a nosa vontade de diálogo, que a única resposta sexa a suspensión da autonomía, indica que non se é consciente do problema e que non se quere falar."


O requirimento é un paso previo a que o Goberno central poida aplicar o artigo 155 da Constitución e suspender así a autonomía de Cataluña.


Podes ler a carta completa na información de Catalunyapress.


relacionada O Goberno, PSOE e Cs consensúan ata onde chegar coa aplicación do artigo 155
relacionada O TC declara inconstitucional a lei do referendo e Puigdemont rexeita a "rendición"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE