Monforte sae á rúa loitando por non perder a área sanitaria
A reforma da Lei de Saúde de Galicia atópase co rexeitamento dos veciños.
Unha multitudinaria marcha contra a reforma da Lei de Saúde de Galicia encheu este domingo pola tarde o centro de Monforte de Lemos.
A portavoz da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública (Pladesapu), Paqui Vázquez, denunciou que o anteproxecto que modifica a actual Lei de Saúde de Galicia reduza de 11 a sete as áreas sanitarias.
Así mesmo, lamentou que a sanidade se organice "en función dos recursos" de cada zona en lugar de, precisou, as necesidades da poboación.
"Queremos médicos propios no noso hospital (Hospital Comarcal de Monforte): non nos vale que veñan doutras áreas", subliñou, para logo criticar que non haxa radiólogos "suficientes".
Na manifestación participaron a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o portavoz de En Marea, Luís Villares.
Escribe o teu comentario