"Desmantelan servizos sanitarios nas zonas máis illadas"

"Se se dificulta o acceso da poboación á sanidade pública, irán á privada", expresa a presidenta da Xunta de Persoal da Coruña.


|

AreassanitariaschuacConcentración no CHUAC. Foto: @ccoogalicia

Representantes da Xunta de Persoal da área sanitaria da Coruña e da Plataforma SOS Sanidade Pública concentráronse, ante a sede da Xerencia no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac), contra "a supresión" de áreas sanitarias en Galicia.


Máis dunha trintena, segundo os convocantes, protagonizaron unha protesta convocada co lema 'Contra a privatización' e para esixir a retirada do proxecto de reforma da Lei Galega de Saúde por entender que "se desmantelarán servizos sanitarios nas zonas máis illadas".



Así o asegurou a presidenta da Xunta de Persoal, María Seijo. En concreto, indicou que este proxecto inclúe, como efectos "inmediatos", "a eliminación das áreas da Mariña, Monforte, O Barco e O Salnés".


DOTACIÓN DE RECURSOS


"Hai que poñer recursos en base ás necesidades e non ao revés", sinalou María Seijo, para quen isto supón un proceso de privatización. "Se se dificulta o acceso da poboación aos servizos sanitarios públicos, irán á privada", apostilou.



Pola contra, reclamou que se desenvolva a Atención Primaria, fronte á "exclusión" que, segundo os convocantes da protesta, supón este proxecto. Tamén pediron que se articulen os medios sanitarios "en base ás necesidades".


relacionada O BNG esixe explicacións a Feijóo por ocultar reunións coa patronal da sanidade privada
relacionada Críticas aos intereses ocultos da reforma da Lei de Saúde galega

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE