Os montes de Ourense son os peor parados desde o final do verán
En dúas semanas acumulan máis de 600 hectáreas arrasadas e varias poboacións ameazadas polo lume.
Bombeiros forestais loitando contra o lume.
Desde o inicio do outono, os montes de Ourense son os máis afectados por incendios forestais. De feito, segundo a información da Xunta, que non comunica os lumes que non chegan a 20 hectáreas, é a única provincia que sofre aínda incendios.
Nestas dúas semanas acumulan máis de 600 hectáreas arrasadas e tres poboacións ameazadas polas chamas. Este mesmo sábado, un incendio achegouse ao Parador de Verín, aínda que quedou controlado nunha extensión de 2,3 hectáreas. Pero esta semana outro lume achegouse a unha aldea de Lobios e a finais de setembro decretouse a 'Situación 2' en Viana do Bolo.
Este domingo pola mañá, segue estabilizaro un incendio que afecta desde o venres ao municipio de Vilariño de Conso e que segundo as últimas estimacións de Medio Rural afecta a máis de 65 hectáreas.
Nas tarefas de extinción participaron cinco axentes, 22 motobombas, unha motobomba, dúas pas e medios aéreos.
Escribe o teu comentario