Fernando Vidal presenta a súa dimisión como conselleiro do Dépor
Nun comunicado arguementa que deixara de sentirse "cómodo", por "moi diversos motivos".
Fernando Vidal. Foto: RC Deportivo
O Dépor anunciou este martes que Fernando Vidal, que formaba parte do Consello de Administración desde a chegada de Tino Fernández en 2014, presentou a súa "dimisión irrevogable".
Vidal víñase encargando da área deportiva do club, xunto con Richard Barral e o propio presidente, para a confección do equipo.
Tal e como sinala nun comunicado, dimite porque non se sentía "cómodo" no seu posto.
"Nos últimos tempos, por moi diversos motivos, non me sentín todo o cómodo e a gusto que desexaría e que me esixo para poder desempeñar en responsabilidade as miñas funcións de Conselleiro do noso Real Club Deportivo da Coruña.
Hai razóns que me fan tomar esa decisión que transmitín ao noso Presidente e que pertencen ao noso ámbito privado."
Tamén quixo manifestar na súa despedida o recoñecemento que merecen Lendoiro e Fran, "lendas vivas do deportivismo".
"Querería deixar unha reflexión a todo o Deportivismo, non nos podemos permitir o luxo de que as dúas persoas máis importantes do Club en toda a súa extensa historia, xeren división e confrontación. Os problemas e erros extra eportivos discútense ou xúlganse noutros foros e institucións, non no Estadio de Riazor."
E dedicou unhas palabras especiais á afección.
"E por último quero dar as grazas a toda nosa impresionante masa social, pola súa sabedoría e paciencia nos malos momentos, por crer neste proxecto e que este milagre era posible e moi en especial a ese Fondo de Marathon, que desde hai trinta anos, ano a ano, partido a partido deixa toda a súa alma en axudar ao equipo para levalo polo aire."
Escribe o teu comentario