Os primeiros dous tramos da autovía do Morrazo abrirán na primavera
A vía completa non entrará estará rematada ata verán de 2019.
As obras da autovía do Morrazo finalizarán no verán de 2019 e os seus dous primeiros tramos entrarán en servizo na próxima primavera; debido a que no treito I, entre Rande e Domaio, se executou o 55% das obras e no treito II, entre Domaio e Meira, o 40%.
En canto ao treito III, entre Meira e a primeira ligazón de Cangas, os traballos acaban de comezar e o prazo de execución é dun total de 24 meses.
Aínda que inicialmente estas obras supoñerían un corte total do tráfico durante un mínimo de dous meses, a Xunta propuxo como solución facer un desvío provisional na zona onde se farán as voaduras.
Así o comunicou a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, que este venres supervisou as obras --que contan cun investimento da Administración autonómica de 55,5 millóns de euros-- e reuniuse cos alcaldes de Moaña, Cangas, Bueu e Vilaboa.
Nesta reunión transmitiu que se abordou o próximo peche ao tráfico do Corredor do Morrazo, que arrincará o próximo 9 de outubro e se prolongará ata maio.
Neste tempo prevese, entre outras actuacións, ampliar o túnel actual para salvagardar a totalidade do Castro de Montealegre.
A conselleira agradeceu "a paciencia e comprensión dos veciños e usuarios da vía polas incomodidades e molestias que supoñerá este corte de tráfico" e trasladou que se poñerán "os medios necesarios para tratar de minimizar as consecuencias", como son o reforzo do transporte marítimo de ría, do servizo de ambulancias e da sinalización.
Escribe o teu comentario