Quinta convocatoria de Aspas coa selección
Lopetegui mantén a confianza no dianteiro de Moaña, mentres Lucas Vázquez non está chamado nesta ocasión.
Aspas, coa Roja. Foto: RC Celta
Iago Aspas vai camiño de consolidarse como un habitual da Selección Española. O seleccionador nacional Julen Lopetegui convocou o de Moaña por quinta vez, nesta ocasión para os partidos contra Albania e Israel clasificatorios para o Mundial de Rusia 2018.
A Selección Española afrontará ante Albania o primeiro destes dous últimos partidos da Fase de Clasificación o 6 de outubro no Estadio José Rico Pérez e o segundo, ante Israel, o 9 de outubro en Xerusalén.
O que non recibiu a chamada do combinado nacional é o galego Lucas Vázquez, que veu perdendo algo de protagonismo desde a tempada pasada no Real Madrid.
Estes son todos os convocados:
Escribe o teu comentario