A concesionaria da cafetería tamén espiaba aos empregados do Hospital do Barbanza

Descobren novas cámaras de vídeo e á encargada de Aramark desmantelando o circuíto de videovixilancia oculto.


|

CamaraocultabarbanzaO falso teito escondía o circuíto de vixilancia. Foto: CIG

O sindicato CIG denunciou a aparición de cámaras de vídeo ocultas na cafetería de persoal do Hospital do Barbanza.


Trátase do segundo caso deste tipo en concesións da empresa Aramark, tras a aparición doutra cámara oculta no falso teito do cuarto de descanso do persoal do servizo de cafetería do Clínico de Santiago.


Nesta ocasión, a encargada de Aramark foi vista na noite do pasado martes desmantelando un circuíto de videovixilancia do que os traballadores non tiñan constancia, "o mesmo día" que a delegada de persoal solicitou por escrito ao xerente da empresa a certificación dos dispositivos instalados tras ter constancia da aparición das cámaras ocultas en Compostela.


Segundo a CIG, a empresa comunicou en decembro a instalación de cámaras de seguridade no centro de traballo, con tres dispositivos visibles e sen ningún elemento que permita a gravación de audio.


"Se as cámaras son legais, como se explica o proceder da encargada? Ou é que hai tres cámaras que cumpren a normativa e a maiores un sistema oculto do que non se informou?", critica Roberto Alonso, secretario comarcal de CIG-Servizos.


Este mesmo luns, Aramark recoñeceu a instalación dunha cámara oculta na sala de descanso do persoal do CHUS, que atribuíu a un "descadre de caixa". En concreto, explicou que contratou un detective tras detectar esta circunstancia, que foi quen instalou o dispositivo.


Neste sentido, o sindicato pregúntase polas razóns da instalación desta cámara noutro centro sanitario, lamentando que a empresa "non dubide en vulnerar dereitos fundamentais para espiar os seus traballadores".


relacionada A empresa da cafetería do CHUS admite que espiaba con cámara oculta aos traballadores
relacionada Os traballadores da cafetería do CHUS, espiados con cámara oculta nos seus descansos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE