Galicia é a segunda comunidade máis barata para facer a compra
Analizando por cidades españolas, Vigo é a quinta con prezos máis baixos.
Galicia é a segunda comunidade máis barata para facer a compra, segundo un estudo da Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) sobre o custo da cesta da compra. Só A Rioxa se sitúa por diante do territorio galego.
Mentres, nas listaxes de cadeas, Gadis Hiper (con 4.504 euros de custo anual da cesta) e Gadis (4.533 euros) sitúanse entre as máis baratas. Hiper Froiz (4.566 euros) e Froiz (4.639 euros) están nos niveis medios.
De acordo co informe da OCU, unha familia española pode aforrar unha media de 909 euros ao ano na cesta da compra dependendo do establecemento no que compre.
VIGO, ENTRE AS MÁIS BARATAS
Este ano o establecemento máis barato é o supermercado Dani de Granada, seguido do hipermercado Alcampo de Vigo.
O estudo pon de manifesto que os hipermercados son o formato comercial onde máis barato resulta comprar a cesta global e este ano, por primeira vez, tamén a cesta económica, debido, segundo a OCU, a que os supermercados de desconto duro ('hard-discount'), como Lidl, Dia ou Aldi, están a cambiar a súa imaxe e a súa oferta para achegarse máis aos supermercados tradicionais.
Segundo a OCU, as cidades onde máis barato resulta facer a compra son Almería e Puertollano, seguidas de Cidade Real, Xaén, Vigo, Logroño, Burgos, Granada e Sevilla.
Escribe o teu comentario