Aprender a ler as etiquetas dos alimentos para coñecer o que comemos

|

Etiquetasconservasalimentacion


O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) ofrecerá este sábado un taller de lectura de etiquetaxe de alimentos co obxectivo de ensinarlle á cidadanía a comprender, entre outros, o significado de selos, certificados e aditivos.


Segundo explicaron representantes do centro nun comunicado remitido aos medios, o obxectivo desta iniciativa é aclarar o significado das etiquetas que traen os diferentes alimentos e produtos que, "en ocasións", "non se entenden moi ben".


Ademais, neste encontro achegarase información sobre os circuítos de "comercialización curta" en Galicia e alternativas de "baixo impacto ambiental" e "alto valor social e ecolóxico".


Este taller desenvolverase este sábado 2 de septiemnbre nas instalacións do CIAC a partir do mediodía e a súa participación é gratuíta, aínda que é necesario inscribirse previamente no correo electrónico ciac@santiagodecompostela.gal ou no número 981 543 145.


relacionada O SLG presenta alegacións á etiquetaxe dos lácteos
relacionada ​Un tercio de los gallegos que debe cambiar su alimentación no lo hace
relacionada O consumo frecuente de froitos secos axuda a evitar o sobrepeso e a obesidade

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress