A Fiscalía non descarta pedir a detención de Puigdemont
Maza matiza que para iso, o presidente catalán debería cometer un delito de malversación e habería que "ver as circunstancias en que se produce no seu momento".
O fiscal xeral do Estado, José Manuel Maza, sinalou este luns que o presidente da Generalitat, Carles Puigdemont, está perseverando nun delito de desobediencia e avisou que se incorrese en malversación a Fiscalía podería pedir a súa detención.
En declaracións a Onda Cero, recollidas por Europa Press, Maza lembrou que o delito de desobediencia, do mesmo xeito que a prevaricación, non leva pena de prisión, polo que Puigdemont iría ao cárcere se incorrese en malversación. Aínda que, reitera, que "non quere dicir que se pida ou non". "Teremos que ver as circunstancias en que se produce no seu momento, de momento non o solicitamos", explicou.
POLÉMICA COS MOSSOS
Maza tamén asegurou este luns que resulta "obvio" que o maior dos Mossos, Josep Lluís Trapero "terá consecuencias legais" se non acata a coordinación do corpo imposta por Interior.
Escribe o teu comentario