Os veciños da praia de Covas piden un paso máis tras o transvasamento de area
Unha plataforma veciñal de Viveiro reclama unha solución definitiva que evite que as ondas cheguen ás casas.
Praia de Covas, en Viveiro. Foto: turismo.gal
Unha plataforma veciñal de Viveiro reclama unha solución definitiva para os problemas que xera a perda de area dun dos lados da praia de Covas.
E é que no inverno as ondas chegan ao paseo marítimo e ata ás vivendas en días de temporal.
Como orixe sinálase a ampliación do dique de abrigo do porto de Celeiro, que provocou que nun dos lados da praia se acumule area con máis facilidade, a cambio de perdela no outro extremo.
Como parche temporal, os veciños conseguiron que a Valedora do Pobo impulsase as súas demandas e Portos de Galicia asumiu o transvasamento de 30.000 metros cúbicos de area, unhas obras que xa empezaron e que durarán uns dous meses.
Máis aló desta medida, agora a vista da plataforma está posta nunha solución definitiva que protexa tanto o areal como as vivendas próximas.
Escribe o teu comentario