Ferido grave un motorista que chocou contra un coche na Gran Vía de Vigo

O 061 trasladouno ao hospital como consecuencia do accidente ocorrido esta madrugada.


|

Accidentemotorista


Un motorista resultou ferido de gravidade logo de impactar contra un turismo na madrugada do luns na Gran Vía de Vigo, segundo informou o CIAE 112 Galicia.


O accidente produciuse ao redor da unha da madrugada á altura do número 87 da avenida viguesa. O ocupante da moto foi trasladado por Urxencias Sanitarias 061 a un centro hospitalarias en estado grave.


A central de emerxencias tamén puxo o caso en coñecemento da Policía Local e os Bombeiros de Vigo.


COCHE CALCINADO


Por outra banda, tamén na cidade olívica, un turismo estacionado no aparcadoiro do cemiterio de Pereiró ardeu por completo na madrugada do luns.


Un particular alertaba do suceso ao 112 Galicia ao redor das 03,15 horas a través dunha chamada na que relataba que escoitara unha explosión e que vía como un coche estaba en chamas.


O 112 Galicia pasou o aviso aos bombeiros e á Policía Local. Tras desprazarse ao lugar, os servizos de extinción confirmaron que o turismo estaba calcinado na súa totalidade.


relacionada Un motorista perde a vida en Cambre tras ser arroiado por un coche
relacionada O condutor que arroiou mortalmente un motorista en Vilagarcía carece de carné

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE