Montoro toma o control de gastos de servizos públicos fundamentais en Cataluña

O Goberno asumirá o pago de nóminas, Educación, Sanidade e os servizos sociais, pero "non afecta" ás competencias da Generalitat.


|

Montorocmin"Non afecta as competencias" catalás, sostén.

O ministro de Facenda anunciou que o Goberno asumirá o pago dos servizos públicos fundamentais de Cataluña, como as nóminas, a Educación, a Sanidade e os Servizos Sociais a conta do sistema de financiamento autonómico.


Montoro explicou que se trata dun mecanismo "de control de pagos novo" ante "a situación de manifesta ilegalidade" en que está a incorrer o Executivo de Carles Puigdemont. Ademais, aclarou que "non afecta o exercicio das competencias", pero si se garantirá que ningún pago desa administración vai ao referendo anulado polo TC.


O ministro tamén enviou á Fiscalía a orde do vicepresidente catalán, Oriol Junqueras, de non informar dos gastos.


Ten máis detalles deste anuncio Catalunyapress.


relacionada Os actos que prepara Anova a favor do referendo ilegal "non serán autorizados"
relacionada E se as urnas do referendo non están en Cataluña, senón na Coruña?
relacionada A Xustiza cita os alcaldes que desobedezan a suspensión do referendo
relacionada Junqueras deixa de render contas ante Montoro sobre os gastos da Generalitat

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE