A nova selectividade de setembro estréase cun texto sobre Trump

Máis de 2.100 estudantes matriculáronse para esta convocatoria da ABAU, co curso universitario xa empezado.


|

SelectividadabauA proba de acceso á Universidade chámase ABAU.


As convocatoria de setembro da nova selectividade, a ABAU, deu comezo en Galicia este mesmo martes, á que se presentaron centos de alumnos de toda Galicia como vía para acceder aos estudos superiores.


A xornada arrincaba coa proba de Lingua e Literatura II. Un exame no que os aspirantes atoparon as clásicas dúas opcións cun texto diferente en cada unha para analizar, ademais de diversos exercicios de ortografía, gramática ou vocabulario.


Na primeira delas, incluíase un artigo de Julio Lamazares versado na figura de Donald Trump, o polémico e actual presidente dos Estados Unidos.


A versión alternativa do exame presentaba un texto de Alba Precedo no que reflexionaba sobre a amizade e a influencia das redes sociais nas relacións interpersoais.


MÁIS DE 2.000 ASPIRANTES


Na presente convocatoria da ABAU, matriculáronse 2.117 estudantes. En concreto, 1.500 preséntanse en fase obrigatoria.


As probas rematan este xoves.


relacionada As mulleres volven predominar entre as mellores notas do 'selectivo'
relacionada Case o 93% dos alumnos consegue aprobar a nova selectividade en Galicia
relacionada Educación propón ás universidades adiantar a 'selectividade' a xullo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE