Case o 93% dos alumnos consegue aprobar a nova selectividade en Galicia

|

Selectividade


Preto do 93 por cento dos alumnos presentados en Galicia á parte obrigatoria da ABAU, a chamada 'nova selectividade', conseguiron aprobar.


Así se desprende dos datos facilitados pola Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG), na xornada en que se publica a listaxe oficial das cualificacións provisionais da proba final de bacharelato para o acceso á universidade.


Dos 10.550 estudantes que se matricularon ás probas, presentáronse finalmente un total de 10.447, é dicir, un 99,31 por cento.


Así mesmo, 8.841 persoas realizaron a parte obrigatoria da proba, dos que aprobaron o 92,94 por cento.


O prazo de presentación de solicitudes de reclamación e segunda corrección abrirase o 17 de xuño e estenderase ata as 14.00 horas do 20 de xuño.

relacionada Educación propón ás universidades adiantar a 'selectividade' a xullo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress