Pilotos e controladores españois, obrigados a comunicarse entre eles en inglés
Os sindicatos de ambos alertan de que o cambio "ten potencial de afectar gravemente á seguridade aérea".
A seguridade aérea, en risco.
O Sindicato Español de Pilotos de Liñas Aéreas (SEPLA) e a Unión Sindical de Controladores Aéreos (USCA) alertaron este luns de que a prohibición do uso do castelán nos principais aeroportos españois, que entra en vigor o próximo 12 de outubro, constitúe "un cambio radical" na forma de facer o seu traballo.
Por iso instaron ao Goberno para elaborar a excepción ao regulamento, que "ten potencial de afectar gravemente a seguridade aérea".
En concreto, os representantes sindicais de pilotos e controladores aseguraron que a norma foi elaborada sen tomar en consideración os estudos técnicos elaborados pola propia Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA) -dependente do Ministerio de Fomento- cuxo texto saca "conclusións que en nada se parecen á norma" que elaborou a Dirección Xeral de Aviación Civil e que finalmente referendou o Ministerio de Fomento.
Escribe o teu comentario