O Banco de Alimentos de Vigo recolleu esta fin de semana 7.500 quilos de comida
A ONG levou a súa campaña ao supermercado de El Corte inglés da cidade olívica e a centros Supercor de Pontevedra e Portonovo.
Dimas Gimeno, cos voluntarios.
A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo celebrou esta fin de semana a súa primeira 'Operación Quilo' tras o verán, na que recolleu 7.500 quilos de comida en supermercados de Vigo, Pontevedra e Portonovo.
Segundo informou a ONG, durante a campaña realizada este venres e sábado no supermercado El Corte Inglés da cidade olívica participaron 30 voluntarios, que recadaron ao redor de 4.000 quilos de comida e recibiron a visita de Sergio Álvarez, o porteiro do Celta, e de Dimas Gimeno, presidente de El Corte Inglés.
Ademais, a recollida tamén se celebrou nos centros Supercor situados en Pontevedra e Portonovo, onde recibiron uns 3.500 quilos en total. Con todo iso, a Fundación recuperará parte do 'stock' do seu almacén para seguir apoiando a 25.000 persoas con dificultades da provincia de Pontevedra.
Escribe o teu comentario