Oito localidades galegas envían este sábado o seu apoio a Juana Rivas

As manifestacións reproduciranse noutros vinte puntos de toda a península, baixo o lema 'Un maltratador non é un bo pai'.


|

JuanarivashijosJuana Rivas, cos seus fillos.

Máis dunha vintena de cidades españolas están chamadas a manifestarse este sábado para pedir "xustiza" para Juana Rivas, a nai que tivo que entregar por orde xudicial os seus fillos ao pai, condenado en 2009 por lesións e ao que en 2016 denunciou por malos tratos.


En Galicia, as cidades de Vigo, A Coruña, Ferrol, Ourense, Santiago, Pontevedra, Lugo e Ribeira albergarán manifestacións baixo o lema 'Un Maltratador non é un bo pai', ás que xa anunciaron o seu apoio varias organizacións sociais e políticas.




Rivas está a ser investigada polo Xulgado de Instrución 2 de Granada polos supostos delitos de desobediencia xudicial e subtracción de menores despois de que permanecese case un mes ilocalizable cos seus fillos sen acatar a orde xudicial pola que os nenos debían regresar co pai a Italia. Finalmente fíxoo o pasado 28 de agosto, tras o que Arcuri se trasladou con eles a este país.


A manifestación está convocada para as sete da tarde do sábado en máis de vinte cidades. Ademais das citadas urbes galegas, atópanse Madrid, Barcelona, Sevilla, Bilbao ou Zaragoza, entre outras, onde se chama a saír "á rúa por Juana Rivas e por todas as que sufrisen o mesmo", ao entender que non se trata dun "caso illado" e "a súa resolución tampouco".


A convocatoria da manifestación está a ser amplamente difundida nas últimas horas a través das redes sociais con cartelería de cor morada na que se afirma que "un maltratador non pode ser un bo pai" e está a recibir o respaldo de diversos partidos e colectivos sociais.


relacionada Juana Rivas cumpre a orde xudicial de entregar os seus fillos
relacionada A xuíza obriga a Juana Rivas a entregarlle os seus fillos ao pai o luns
relacionada Juana Rivas queda en liberdade provisional e defende que seguirá "pelexando"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE