As universidades galegas e o goberno vixían mosquitos que transmiten enfermidades
O obxectivo é controlar a súa chegada canto antes e evitar así que se establezan na comunidade.
O Goberno galego autorizou a firma dun convenio de colaboración entre as consellerías de Sanidade e de Medio Rural, e as universidades de Santiago de Compostela e de Vigo para a vixilancia de certos mosquitos transmisores de enfermidades.
Segundo explicou o presidente galego, é necesario dar este paso para coñecer de forma temperá a existencia de mosquitos aínda non presentes en Galicia, como o mosquito tigre.
O obxectivo é activar medidas de control canto antes e evitar así que se establezan na comunidade.
Esta actuación facilitará a posta en marcha de actividades para impedir a aparición de casos de enfermidades que poden ser graves, como o dengue, o zika ou a febre chikungunya.
Tamén facilitará coñecer a densidade de especies autóctonas, tamén transmisoras de enfermidades como a debida ao virus do Nilo Occidental, da leishmaniasis ou a lingua azul, en humanos e animais.
Escribe o teu comentario