Competencia recorre o decreto galego de vivendas turísticas

A CNMC afonda no tira e afrouxa coa Xunta, e sostén que a norma autonómica pon obstáculos ao mercado.


|

ApartamentoviviendasturisticasA Xunta non atendeu os requirimentos da CNMC.


A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) interpuxo recurso contencioso-administrativo contra os decretos de Galicia e de Castela e León que regulan os apartamentos e vivendas turísticas ao considerar que a lexislación aprobada nas ditas autonomías é contraria á competencia e aos principios de regulación económica eficiente.


A CNMC afirma estar lexitimada para impugnar ante os tribunais as disposicións xerais de rango inferior á lei dos que se deriven obstáculos ao mantemento dunha competencia efectiva nos mercados.


Con obxecto de mellorar a norma evitando a impugnación, o organismo encargado de velar pola competencia remitiu o pasado 7 de abril senllos requirimentos previos á Xunta de Galicia e á Junta de Castilla y León, non atendidos en ningún dos casos.


Entre os obstáculos "inxustificados" impostos pola norma de Galicia destacan a obrigatoriedade de ceder a vivenda na súa totalidade, a limitación do aluguer a tres meses, a esixencia dun catálogo de requisitos técnicos e servizos mínimos incluídos no aluguer (apartamentos e vivendas turísticas).


Tamén que os concellos poidan limitar o número de vivendas, a prohibición de cesión de habitacións, a imposición de cargas á declaración responsable e a obrigatoriedade de contar cuns requisitos e servizos mínimos (vivendas de uso turístico).


relacionada O TSXG rexeita suspender o decreto galego de vivendas turísticas
relacionada Competencia require á Xunta eliminar as restricións ás vivendas turísticas
relacionada Presentadas máis de 4.200 solicitudes de vivendas turísticas en Galicia
relacionada O aluguer vacacional nas zonas turísticas de Galicia roldou o 100% de ocupación

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE