Un accidente no paseo marítimo da Coruña deixa catro mozos feridos
Viaxaban cinco no coche que saíu da estrada e foi dar contra un farol. Teñen entre 15 e 19 anos.
Paseo marítimo da Coruña.
Catro mozos resultaron feridos, un deles con prognóstico reservado, nun accidente de tráfico ocorrido na madrugada deste martes na Coruña.
Segundo informaron a Policía Local da cidade, o vehículo saíu da vía pasadas as tres e media da madrugada no Paseo Marítimo, á altura da hípica, e chocou contra unha farol.
No turismo viaxaban cinco mozos de entre 15 e 19 anos, tres deles resultaron feridos leves e outro con prognóstico reservado. O quinto ocupante saíu ileso.
En concreto, dous feridos de 18 anos, con identidades C.G.R e L.A., así como un de 18, C.R.C, foron trasladados polo servizo de Urxencias Sanitarias 061 ao Hospital Modelo. Pola súa banda, o menor de 15 anos foi evacuado ao Hospital Materno Infantil para recibir atención médica.
Escribe o teu comentario