Os pacientes da Costa da Morte impulsan unha asociación sanitaria

Nacerá co obxectivo de canalizar as reivindicacións da comarca ante a Administración.


|

SalaesperacentrosaludSala de espera dun centro sanitario.

Un grupo de veciños impulsa a creación dunha asociación para a defensa dos dereitos dos pacientes e familiares da Costa da Morte. Unha organización que busca implicar a cidadanía e os profesionais nas reivindicacións da comarca no ámbito sanitario.


Nun comunicado, os impulsores expresan a necesidade dunha asociación para ter representación ante os organismos públicos e levar a cabo "a defensa e promoción dos dereitos e reivindicacións sociais".


Como obxectivos fundamentais márcanse "conseguir un hospital amable, centrado nas persoas" e que conte "cos mellores apoios posibles (técnicos e profesionais)".


Ademais, aspiran a fomentar a "empatía dos profesionais sanitarios para aproximarse a pacientes e familiares" e que o sistema sanitario público "axude ás familias para manexar emocionalmente todos os acontecementos que vivirán ao longo da enfermidade".


Por iso, chaman a todas as persoas e organizacións interesadas en constituír e apoiar a esta organización a poñerse en contacto para sumar forzas en torno ao "dereito dunha sanidade pública, gratuíta e de calidade".

relacionada A Costa da Morte organízase polos dereitos dos pacientes
relacionada Só o 14% dos pacientes que necesitan coidados paliativos os reciben

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE