O Dépor ensaia desde os 11 metros sen definir un lanzador habitual
Os penaltis fallados son unha materia pendente do equipo coruñés, como se volveu demostrar o domingo ante o Real Madrid.
O equipo, en Abegondo. Foto: RC Deportivo
Os penaltis son unha materia pendente para o Dépor, como se viu o domingo ante o Real Madrid. Andone non puido converter en gol o seu lanzamento, pero a situación non é excepcional, pois a tempada pasada o equipo só marcou tres das oito penas máximas que conseguiron forzar.
Para mellorar nesta faceta, o adestramento deste xoves tivo un oco reservado para os lanzamentos desde os 11 metros. O propio Andone, xunto con Celso Borges, Adrián, Borja Valle, Fede Cartabia, Arribas, Schar e Guilherme foron os lanzadores.
Entre todos só fallaron un, pero segue sen haber un xogador designado para tiralos. Aínda que tras o adestramento, Fede Cartabia ofreceuse a facelo.
"Sería unha responsabilidade linda", manifestou, recoñecendo que "ao final che dá ou che quita puntos".
Sobre a súa situación persoal, dixo estar contento de xogar na Coruña. "Levaba moito tempo esperando isto e estou a gozar o día a día", expresou. "O primeiro ano custoume, con moitas lesións polo medio, e agora espero ser impotantante no que me toque", dixo. E o que lle toca, segundo o desexo de Pepe Mel, é poñer a nota de descaro no equipo.
Escribe o teu comentario