O Ciclo Gas Natural Fenosa de Cinema Itinerante recala este venres en Ribadeo
'1898. Los últimos de Filipinas' é a película seleccionada, e contará coa asistencia do director, Salvador Calvo.
Fotograma de '1898. Os últimos de Filipinas'.
O Ciclo Gas Natural Fenosa de Cinema Itinerante Verán 2017 continúa a súa andaina este venres 25 de agosto coa proxección na localidade de Ribadeo de 1898. Los últimos de Filipinas.
A iniciativa, impulsada conxuntamente por Gas Natural Fenosa e a Academia de Cinema, recalará en Ribadeo coa asistencia do director da película, Salvador Calvo, que a presentará nun coloquio que complementará a proxección e permitirá aos cinéfilos ribadenses "descubrir as curiosidades e anécdotas da rodaxe", informa a organización.
O pase, que comezará ás 22,00 horas, será de acceso gratuíto ata completar aforo e terá lugar no Parque de San Francisco. Este pase conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, que é a novena parada do ciclo.
Nesta novena edición a iniciativa pasa por dez cidades, ás que levará as longametraxes que marcaron 2016 e os primeiros meses de 2017.
Escribe o teu comentario